O Galardón da Arenteira


Dende a súa fundación hai xa máis de tres décadas, o establecemento hoteleiro Aparthotel Arenteiro, icono de referencia dentro do mundo de la hostalaría comarcal, tense caracterizado polo seu continuo esforzo de superación cara ó cliente, aspecto recoñecido ó longo desta dilatada traxectoria.

Dende a adquisición do mesmo por parte da nova dirección -xa pasaron máis de dez anos-, a renovación e o esforzo por estar no cumio deste puxante sector teñen sido una constante, ofrecendo unhas modernas instalacións e a excelencia no servizo, ó tempo que tratando de intentar ser un elemento de dinamización social e laboral nestes cambiantes tempos.

Dende o ano 2012, nesa persistente busca e desexo de imbricar e sintonizar o esforzo empresarial e a sociedade, a Dirección do Aparthotel Arenteiro decidiu crear e outorgar con carácter anual un Galardón que co nome de A Arenteira sirva de recoñecemento e de estímulo a aquelas persoas ou entidades vinculadas a estas terras de O Carballiño e do Ribeiro que se teñan caracterizado polos seus méritos, tanto no terreo deportivo como no cultural, premiando dese xeito a combinación tanto dos valores da superación e do esforzo no deporte como os intelectuais da cultura.

Dende a IV edición levada a cabo no ano 2015, creouse un novo galardón a título póstumo, para recoñecer o traballo e a aportación daqueles que xa no están entre nós e merecen un recoñecemento polo que teñen dado e deixado á sociedade.

Ver autores do Galardón