Bases do Galardón Arenteira

PRIMEIRA

Poderán optar ao devandito galardón aquelas persoas maiores ou menores de idade que, sendo propostas da forma que máis adiante se detallará, estean dalgún xeito vinculadas ao ámbito territorial do Carballiño-O Ribeiro, ben sexa por nacemento, por residencia ou por calquera outro nexo de afinidade constatada e contrastada.

SEGUNDA

Os candidatos serán seleccionados polo xurado de entre os individuos e institucións propostos polas persoas encargadas da súa elección. Neste sentido, a designación será realizada por:

  • a) os Centros Educativos públicos e privados existentes nos distintos concellos que integran as dúas Comarcas. Alí onde non existisen os devanditos centros de ensino, serán os concelleiros de Cultura deses concellos quen farán a designación,
  • b) as entidades de participación veciñal e colectivos culturais e deportivos deste mesmo ámbito xeográfico.

Todos eles, antes do día primeiro de outubro de cada ano, propoñerán aos dous candidatos, un ou ningún para a súa posible elección.

TERCEIRA

O xurado estará integrado por dous representantes de entidades culturais, dous representantes de asociacións de carácter deportivo e un presidente, designados pola Dirección de Aparthotel Arenteiro, que terán voz e voto, actuando como Secretario, con voz pero sen voto, un representante de Aparthotel Arenteiro que será o encargado de levantar Acta das reunións e de dar a coñecer o veredicto do xurado.

CUARTA

Unha vez recibidas as distintas propostas presentadas, reunirase o xurado que, no prazo de 15 días, unha vez examinadas, estudadas e previa deliberación, seleccionará aos gañadores en ambas as modalidades, facéndose pública a decisión e comunicación aos interesados.

QUINTA

Dende a IV edición e por desexo da Organización, tamén se fará entrega dun terceiro galardón a Título Póstumo a unha persoa que designará directamente o Xurado e que elixirá mediante votación de entre as propostas. O galardoado será unha persoa que tivese unha relevancia significada ao longo da súa vida e estará, así mesmo, vinculada ao marco xeográfico do Carballiño e O Ribeiro, falecendo nun período non superior aos cinco anos atrás.

SEXTA

O galardón entregado aos premiados consiste nunha escultura, obra dun artista de recoñecido prestixio, que represente algún motivo que teña que ver con algún símbolo do Carballiño, lugar onde se sitúa o Aparthotel, e como alegoría do carballo como unha dos acenos de identidade representativa da fortaleza e espírito de Galicia e dos galegos.

SÉTIMA

Este premio non leva aparellado ningunha contía económica.

OCTAVA

O último venres do mes de novembro, no lugar designado por Aparthotel Arenteiro, farase entrega nun acto público das mencionadas distincións aos galardoados.

NOVENA

Aparthotel Arenteiro, en calidade de organizador, resérvase o dereito de modificar calquera dos puntos anteriores.