Edicións
INICIO | EDICIÓNS | 2023XII EDICIÓN / 1 Decembro 2023
Premiados Edición 2023
CULTURA E INVESTIGACIÓN
Cineclube Carballiño
Club cultural
Tense en consideración a súa longa e frutífera traxectoria de preto de medio século, o seu compromiso co estudo e difusión da cultura cinematográfica na vila do Carballiño plasmada nas numerosas e valiosas publicacións editadas a este respecto. Destaca no seu haber a creación das Xornadas de Cine e Video en Galicia (XOCIVIGA) que durante moitos anos fixeron do Carballiño a capital do cine galego e un referente a nivel internacional, acudindo á nosa vila destacadas figuras desta arte. Malia ós problemas que as asociacións sofren ó longo da súa existencia, Cineclube Carballiño, saíu adiante e continúa coa súa programación e posibilitando que o cinema siga vivo na nosa Comarca.
DEPORTES
AEHDE Patinaxe
CLUB DEPORTIVO
Entidade relativamente nova pero chea de actividade, contando xa cun presente e un futuro envexable. Valórase no seu caso, tanto os numerosos éxitos e premios acadados na modalidade do patinaxe a nivel galego e nacional malia á súa relativamente curta existencia, pero tamén e de xeito especial, a súa proxección formativa que realizan con numerosas persoas mozas e adultas que atopan neste club o seu acomodo e a súa realización persoal como deportistas e, finalmente, pola organización de numerosos campionatos no Carballiño.
TÍTULO PÓSTUMO
Rosa Núñez
DINAMIZADORA CULTURAL
Falecida en xaneiro deste ano en curso, foi por moitos anos unha das grandes dinamizadoras da nosa cultura no Carballiño, formando parte cunha xeración na que a muller tentaba facerse un oco no eido cultural. Dese xeito, participou na nacente A. C. Avantar, foi presidenta da Asociación de Artesáns do Carballiño, colaboradora do Festival do Teatro Galego, promotora da Festa de Pepa a Loba e da Feira da Artesanía, xunto coa súa implicación noutras numerosas actividades. Valedora e coñecedora como poucos do traxe tradicional galego e da súa proxección e confección, sempre estivo disposta a colaborar en calquera iniciativa cultural da vila.
SUPERACIÓN
Miguel Fernández
ESTUDIANTE
Alumno do C.P.I. Terras de Maside. Tense en conta no seu caso, ademais dos seus valores como persoa, o seu carácter, a súa dedicación e entrega nos seus estudos malia á grave enfermidade que padece dende o ano 2021. Lonxe de renderse ante á agresiva quimio, mantivo sempre unha destacada actitude positiva nos seus estudos, asistindo sempre ás súas clases e, cando a súa enfermidade llo impedía, valíase da teledocencia e da axuda dos seus compañeiros e profesores cos que comunicábase a diario nun esforzo sobrehumano por manterse ó día nos seus estudos. A título, neste caso xa anecdótico, dicir que a súa media de notas é de Sobresaínte.