Edicións
INICIO | EDICIÓNS | 2022XI EDICIÓN / 25 Novembro 2022
Premiados Edición 2022
CULTURA E INVESTIGACIÓN
Eduardo Bernárdez
ESCRITOR
Un home cunha ampla implicación na vida cultural e social do Carballiño ó longo de máis de medio século. Foi un membro destacado na fundación da A. C. Avantar a máis antiga entidade cultural da vila do Carballiño, tamén desenvolveu súa actividade como empresario libreiro. Foi, tamén, con outras persoa, promotor da Festa das Parroquias e da publicación A Voz das Parroquias do Carballiño que aínda hoxe se mantén grazas á súa teima. É autor dos libros de contido infantil "Un conto que non o é tanto" e "O conto do fato", sendo o continuador do veterano encontro literario “Tasca e literatura”, ademais de activo integrante noutros eventos culturais do Carballiño.
DEPORTES
C.B. Maside
CLUB DEPORTIVO
Entidade que día a día entrégase cunha dedicación plena ó apoio deste deporte -centrándose sobre todo na mocidade comarca-l, á competición e á promoción do mesmo contando cuns recursos moi limitados pero levando dun xeito moi digno ese difícil papel de educador e formador de futuros deportistas de elite, creando unha estrutura formativa que desenvolve unha intensa actividade ó longo de todo o ano na que participan nenos e nenas dende os 10 anos. Tamén destacan na celebración de campus e outras actividades formativas complementarias. Finalmente, subliñar que tamén traballan na promoción entre os cativos de valores tales como a amizade, o esforzo, a vontade ou a superación no día a día.
TÍTULO PÓSTUMO
María Teresa Miras
CIENTÍFICA E CATEDRÁTICA
Persoalidade nacida e estreitamente vinculada co Carballiño e falecida recentemente. Foi, ademais, a primeira galardoada coa Arenteira no apartado de Cultura e Investigación. Foi profesora, Catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular nas Universidades de Oviedo, Murcia e Complutense de Madrid, ademais dunha importante e prestixiosa investigadora. Académica e primeira muller en chegar a presidir unha Academia de Ciencias en España. Foi, ademais, unha persoa dunha gran influencia no mundo científico español. A súa inesperada e prematura morte deixa un gran baleiro entre aquelas persoas achegadas e nas vinculadas a ela naquelas actividades nas que tanto se implicou.
SUPERACIÓN
Jennifer Manzano
ESTUDIANTE
Unha moza que acotío loita con moitas barreiras pra sacar adiante os seus estudos de 4º da ESO no IES nº 1 do Carballiño e, deste xeito, poder seguir os superiores, sempre vencendo as dificultades de todo tipo que supoñen vir dun grupo social onde a escolarización resulta ser algo dificultoso, onde o absentismo é unha constante e onde, un caso como o dela, é unha excepción que pode e debe servir de guieiro para outras persoas do seu mesmo grupo étnico e, dese xeito, vencer un secular atraso no mundo educativo ou como ben definen os membros do centro onde ela estuda "un referente dentro da comunidade xitana e un motor de cambio dentro desa comunidade".