X EDICIÓN / 27 Novembro 2021

Premiados Edición 2021

premiado galardón arenteira

DEPORTES

CD Arenteiro

CLUB DEPORTIVO

Conta cunha longa traxectoria deportiva ó longo dos seus 63 anos de existencia, levando o nome do Carballiño pola xeografía galega e estatal, acadando nos últimos anos un extraordinario pulo e numerosos éxitos como entidade futbolística conseguindo este ano o ascenso á categoría nacional da 2º RFEF encadrado no Grupo 1º, rodeado de equipos de moito renome no panorama futbolístico español. Ademais xestiona o fútbol base carballiñés, onde dende moi cativos comezan a súa progresión como futbolistas centos de rapaces da vila e da comarca, saíndo deste club varios xogadores de renome ó longo da súa historia..

premiado galardón arenteira

CULTURA E INVESTIGACIÓN

Xosé Carlos Sierra

HISTORIADOR

Durante máis de 25 anos director do Museo Etnolóxico de Ribadavia. Tamén foi director do Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela e foi artífice da creación do Museo do Viño de Galicia, contando ademais dunha ampla obra museográfica e bibliográfica relacionada coa prehistoria e historia de Galicia combinada coa súa etapa de docencia na Universidade de Santiago. Actualmente, xa xubilado, reside nas veciñas terras do Ribeiro. Colaborou, tamén, na creación do Parque Etnográfico do Carballiño.

premiado galardón arenteira

TÍTULO PÓSTUMO

Héctor Guzmán

FOTÓGRAFO

Nacido en México pero estreitamente vinculado co Carballiño e máis concretamente coa fotografía e o mundo da comunicación. Foi profesor de Fotografía en México D.F, onde se gradúa, traballa en diversos medios da imaxe e como fotógrafo independente naquel país. Xa en Galicia faise habitual nas exposicións do Outono Fotográfico ourensán e intégrase no Colectivo fotográfico O Potiños do Carballiño, lugar onde instala a súa residencia e pasa a formar parte do equipo técnico de Radio Carballiño-SER. Foi ademais un excelente profesional da fotografía, tal e como se recolle na súa numerosa obra exposta en moitos certames e outros eventos.