VII EDICIÓN / 30 Novembro 2018

Premiados Edición 2018

premiado galardón arenteira

DEPORTES

Jose Manuel Soto Dapena

DEPORTISTA, MAESTRO DE ARTES MARCIALES Y EMPRESARIO DEPORTIVO

Conta cunha longa traxectoria deportiva iniciada dende mozo, tanto na súa faceta de deportista activo na modalidade de taekwondo, como na de mestre da mesma, formando nese labor ó longo de máis de 30 anos de actividade docente a numerosas xeracións de deportistas das comarcas do Carballiño e do Ribeiro.

Destacar tamén a súa faceta como emprendedor e creador de iniciativas de carácter empresarial vinculadas co mundo do deporte coa fundación da Escola e Ximnasio Olimpia do Carballiño, cunhas instalacións envexables e piscina climatizada, sendo un auténtico exemplo de actividade e difusión deportiva.

premiado galardón arenteira

CULTURA

Luis González Tosar

ESCRITOR E PROFESOR

Acadou ó longo dos anos unha recoñecida traxectoria no mundo da literatura nas facetas de poeta, produtor, ensinante, editor e narrador. A súa estensa produción creativa é hoxe un referente no mundo literario galego que fíxoo merecente de numerosos premios ó longo da súa intensa e variada carreira, entre os que podemos mencionar o Esquío ou o Antón Losada.

É tamén presidente do Pen Club de Galicia. O seu vínculo natural con estas terras veuse agrandado pola creación en Madarnás da Insua dos Poetas, proxecto matinado por el no que trata de integrar nun espazo paisaxístico bucólico ó mundo literario, artístico e natural e, dese xeito, convertelo no futuro nun legado para a posteridade baseado nas fondas raiceiras da cultura identitaria galega.

premiado galardón arenteira

TÍTULO PÓSTUMO

Ernesto Chao Pino

ACTOR

Falecido en agosto deste ano de 2018, destacou na súa dilatada vida por tela consagrada ó mundo da interpretación como nomeado e recoñecido actor tanto no teatro dende finais da década de 1960, como no mundo do cine e da televisión. No caso do teatro participou en case 40 producións ó longo da súa carreira, ocupando tamén o cargo de Director do Centro Dramático Galego e dirixindo a súa propia compañía Lagarta Lagarta, conxuntamente coa súa dona, Rosa Álvarez.

No cine participou en numerosas producións cinematográficas, case 20, pero foi na súa aparición en series televisivas onde a súa figura pasou a ser máis popular entre a poboación, subliñando os seus papeis protagonistas en Pratos combinados ou Efectos secundarios xunto con outros en diversas series nos canais convencionais de difusión estatal (Cuéntame ou Aquí no hay quien viva). Esta intensa actividade profesional fíxoo merecente de numerosos premios ó longo da súa carreira.