V EDICIÓN / 25 Novembro 2016

Premiados Edición 2016

premiado galardón arenteira

DEPORTES

José Carballeda Pérez

FUTBOLISTA E EMPRESARIO

Conta cunha importante traxectoria deportiva dentro do mundo do fúbol na súa etapa como xogador, tanto nas terras do Carballiño como fóra deste ámbito local onde acadou un importante renome.

Home cunha andaina deportiva brillante iniciada no C. D. Arenteiro e seguida despois naquela época dourada daquel Ourense intratable que o gañaba todo e do que se converte en máximo goleador, clube que abandoa para militar despois naquel lendario Pontevedra do “hai que roelo” na Primeira división, para proseguir -ata rematar a súa carreira- por terras andaluzas; deportista noble e loitador incansable na vida, xa abandoada a faceta de futbolista, ten ben gañada ó longo destes anos unha importante consideración social como empresario e o aprezo popular así coma o respecto daqueles que foron os seus compañeiros e rivais.

premiado galardón arenteira

CULTURA

Pablo Rodríguez Oitaven

PROFESOR E NATURISTA

Conta cunha longa traxectoria dedicada á defensa e protección da natureza e á súa divulgación. A subliñar súa faceta profesional no mundo do ensino e a sús pedagoxía aplicada e plasmada en notables bandas deseñadas, xunto coa súa aportación e implicación persoal nese pioneiro proxecto do bosque de Ridimoas, un espazo pensado para o estudo e a defensa do bosque galego, un lugar onde conviven en harmonía, home, flora e fauna.

Co seu recto proceder nese camiño trazado ó longo de case 40 anos, este bosque de Ridimoas medra ano a ano ata chegar a perto das 300 has e 1.000 asociados compartindo esta ilusión. Este compromiso coa nosa cultura, co noso patrimonio natural e coa súa conservación, fano merecente de diversos premios: Unesco, Bandeira Verde de Galicia, Félix Rodríguez de la Fuente e outros.

premiado galardón arenteira

TÍTULO PÓSTUMO

Luis Rodríguez Míguez

MÉDICO, ESCRITOR E INVESTIGADOR

Deste home extraordinario hai que valorar unha vida dedicada á medicina, ó ensino, ó termalismo sempre unida ó Carballiño, lugar ó que el gustaba chamar a súa segunda patria e do que foi Medalla de Ouro do seu concello.

Ocupou o cargo de Delegado de Sanidade en Ourense, sendo logo inspirador e organizador daquelas pioneiras Xornadas de Termalismo de Galicia e promotor do Instituto Termal de Galicia.

Na docencia ocupou os postos de profesor da Escola de Enfermaría e da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo. Autor de numerosas publicacións relacionadas coa saúde e co mundo termal, foi numerario da Real academia de Medicina e Ciruxía de Galicia e medalla de Ouro da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo.