II EDICIÓN / 29 Novembro 2013

Premiados Edición 2013

premiado galardón arenteira

DEPORTES

Jose Manuel Prado Prado

DEPORTISTA

Este home de eterno sorriso representa os valores da superación diaria, do esforzo, do sacrificio e a súa constancia non só na actividade deportiva, senón tamén na súa vida cotiá, nunha loita continua contra os atrancos e as barreiras físicas e humanas. Tamén, hai que subliñar a súa importante e valiosa participación en numerosas competición que fixeron del o primeiro atleta olímpico saído destas terras ó ser seleccionado para formar parte do equipo español de boccia nos Xogos Paraolímpicos celebrados en Londres en 2012 e Brasil 2016, levando sempre con orgullo o nome destas terras ós moitos lugares a onde ten acudido.

premiado galardón arenteira

CULTURA

Miguel Anxo Fernández Fernández

ESCRITOR, XORNALISTA, CRÍTICO DE CINE E MESTRE

Persoa na que hai que subliñar a súa longa dedicación, formación, a súa traxectoria profesional e a súa aportación e implicación persoal co mundo da cultura carballiñesa e galega, especialmente co mundo do cine e da literatura. Membro da Academia de las Ciencias y las Artes de Televisión de España, do Patronato del Museo do Pobo Galego, do Pen Club de Galicia e da Academia Audiovisual Galega, foi ademais presidente-fundador da Federación de Cine Clubs de Galicia e vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual. No seu haber, os anos á fronte de Cine Clube Carballiño –do que foi alma mater durante moitos anos-, as Xociviga e incontables publicacións compaxinadas co seu labor de investigador, de creador literario, de divulgador e docente. Esta teimuda constancia serviulle para o recoñecemento por parte do mundo da cultura manifestado na concesión de numerosos premios, que valoran o seu nivel de esforzo, creatividade e dedicación. Hoxe, como escritor é un dos meirandes expoñentes da literatura contemporánea galega: as súas obras O sable do francés, Capitol, última sesión e O sangue dos Cortiña deron paso á xa consagrada saga de Frank Soutelo, seguindo na actualidade unha imparable carreira literaria.