I EDICIÓN / 30 Novembro 2012

Premiados Edición 2012

premiado galardón arenteira

DEPORTES

Florindo González González

DEPORTISTA

Deportista salientable na modalidade do triatlón e na implantación e promoción desta actividade na Comarca do Carballiño, participando activamente na creación do primeiro clube de triatlón existente na mesma. Conta, ademais, cunha exemplar traxectoria persoal marcada polo alento e empuxe á mocedade ó achegamento a esta dura actividade do deporte, compaxinando esta actividade coa súa faceta laboral de servidor público como Garda Civil. Participante en numerosas probas da súa disciplina celebradas ó longo da xeografía española e europea é un exemplo de esforzo e sacrificio.

premiado galardón arenteira

CULTURA

María Teresa Miras Portugal

CIENTÍFICA E CATEDRÁTICA

Recoñecida profesional no mundo da Farmacia e, máis concretamente, no campo da Bioquímica e a Bioloxía Molecular, materia na que é catedrática na Universidad Complutense de Madrid. Conta cunha extraordinaria traxectoria académica e profesional que levárona a converterse na primeira muller en ocupar a Presidencia da Real Academia de Farmacia de España e, ó tempo, ser un referente no mundo da investigación na Bioquímica. No seu haber, incontables proxectos de investigación, publicacións e presenza en numerosos congresos e eventos, nacionais e internacionais relacionados co seu labor investigador e docente. Esta constancia valeulle ademais que recaeran na súa persoa numerosos premios que recoñecen o seu nivel de esforzo e dedicación, entre eles a Medalla Castelao 2016 que outorga o Goberno galego. No ano 2012 foi nomeada polo Goberno de España responsable do Comité encargado de levar adiante o estudo da reforma universitaria.